LIGA NACIONAL XUVENIL

1-3 | Derrota do Xuvenil "A" no tramo final

DOMINGO 06/04/2025 (12:00)  Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (250)

PABELLÓN CF : 1 – RC CELTA B : 3 (0-1) 

O Pabellón caeu ante o líder no partido correspondente á xornada vinte e sete da Liga Nacional Xuvenil. O equipo queda con 49 puntos superado nas prazas de ascenso por Racing (55) e Coruxo (52), os mesmos puntos que ten o Lugo.

A escuadra celeste tomou vantaxe no marcador co tempraneiro zapatazo de Manuel, nunha primeira metade con maior posesion dos olívicos ante un conxunto local presionando alto.

Tamén moi cedo os branquiverdes tiveron unha acción perigosa nunha falta lateral executada por Julián que un defensor despexou ante a presenza de Tiago, en boa posición para rematar.

Os visitantes tiveron dúas oportunidades en disparos de Mateo e, con maior claridade, de Alexandre en boca de gol que Abraham desviou nunha boa intervención.

XA-Celta B 3
Os branquiverdes encaixaron o primeiro gol aos cinco minutos

Segundo tempo

O inicio do segundo periodo foi bo para os pabellonistas, xa que apenas transcurrido un minuto conseguían nivelar a balanza co gol de Etien. No vestiario quedara Julián mancado, dando entrada ao cadete Samuel.

Os minutos foron pasando baixo unha constante loita e case a vinte do fina chegaría unha acción que puido dar vantaxe aos locatarios, que reclamaron un penalti sobre Cougil que  o colexiado non interpretou como tal, pero o futbolista tivo que sair do terreo de xogo lesionado, entrando no seu lugar o cadete De Blasis.

Cougil tivo que retirarse do campo lesionado na acción que os locais pediron penalti
Cougil tivo que retirarse do campo lesionado pola acción na que os branquiverdes pediron penalti

A medida que pasaba o tempo os de Iván Alonso e Xoel Docampo comezaban a notar o esforzo e os vigueses aproveitarían para levarse o partido no tramo final cun tanto de Alexandre e outro de penalti no desconto transformado por Lema.

Na próxima xornada o Pabellón visita ao Porriño Industrial antes do parón de Semana Santa.

FICHA TÉCNICA

Pabellón CF: Abraham, Tiago, Lamús, André, Ander (Bruno, m.81), Julián (Samuel, m.46), Lucas (Gael, m.74), Joel, Cougil (De Blasis, m.69), Soriano e Etien (Mociño, m.81).

RC Celta B: Ivánb, Diego (Jaime, m.85), Sálamo (Roi Pérez, m.87), Pablo, Roi Rodríguez, Hugo, Manuel (Yago, m.87), Iker, Alexandre, Brais (Lema.m.65) e Mateo (Xavi, m.65).

Árbitro: Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por Borrajo Rodríguez e Alonso Ansa (Comité Galego-Ourense). Amonestaron a Joel (m.82) e Julián (m.86) nos locais e nos visitantes a Brais (m.63), Hugo (m.65) e Alexandre (m.81).

Goles: 0-1, m.5: Manuel. 1-1, m.47: Etien. 1-2, m.81: Alexandre. 1-3, m.90+2: Lema, de penalti.

XA-Celta B 2
Os capitáns de ambos equipos co trio arbitral