4-0 | Dolorosa derrota do Xuvenil "A" en Santiago
DOMINGO 30/03/2025 (12:00) Campo: SANTA ISABEL (125)
CD CONXO SANTIAGO : 4 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)
Derrota dolorosa para o Pabellón na visita ao Conxo Santiago dentro da xornada vinte e seis da Liga Nacional Xuvenil, encaixando catro goles na segunda metade. Este marcador saca ao equipo dos postos de ascenso sumando 49 puntos.
Os branquiverdes tiveron uns bos vinte e cinco minutos con algunha ocasión de gol, pero posteriormente foron chegando os contratempos.
Primeiro unha lesión muscular obrigaba a sair do campo a Youness á media hora de xogo. A cinco minutos para o descanso sería Gómez quen tería que tomar o camiño de vestiarios mancado sendo reemplazado no descanso por lesión para non gastar unha ventana nos trocos, ao igual que Joel, tamén con molestias.
No medio de todas esas situacións Mociño tería unha gran oportunidade para haber adiantado no marcador aos seus, pero non houbo fortuna na resolución.
Segunda parte
No segundo tempo as cousas torceríanse máis ao encaixar o primeiro tanto en apenas dous minutos como consecuencia dun saque dende o curruncho aproveitado por Martiño e ao fio do cuarto de hora unha segunda diana tras unha falta lateral rematada por Rubén.
Unha falta executada por Cougil petaría no pao da meta local, nunha acción que puido meter aos ourensáns no partido. O terceiro tanto local de Alfonso foi mortal e xa no tempo de desconto co equipo lanzado ao ataque chegaría o cuarto dos santiagueses obra de tamén de Alfonso.
Na próxima xornada o Pabellón recibe no Miguel Ángel o domingo (12 horas) ao Celta "B".
FICHA TÉCNICA
CD Conxo Santiago: Iker, Andrés (Manuel, m.73), Xian, Rozas, Pablo, Miguel, Sergio (Jacobo, m.67), Martiño, Pedro, Marcos (Alfonso, m.67) e Ruben (Naum, m.73).
Pabellón CF: Brais, Tiago, Lamús, André, Joel, Ander, Gómez (Bruno, m.46), Lucas, Joel (Guille, m.46), Soriano, Youness (Cougil, m.35) e Mociño (Samuel, m.67).
Árbitro: Miguel Ferrol Muñiz, asistido nas bandas por García Agra e Vargas Guerrero (Comité Galego-Santiago). Amonestaron a Rozas (m.41) e Rubén (m.52) nos locais e nos visitantes a Lamús (m.40) e Ander (m.67).
Goles: 1-0, m.47: Martiño. 2-0, m.60: Rubén. 3-0, m.70: Alfonso. 4-0, m.90: Alfonso.