1-0 | Derrota do Senior nos últimos minutos
DOMINGO 13/04/2025 (17:30) Campo: ALBÁN-COLES (150)
AMOEIRO CF : 1 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)
Un gol nos últimos minutos acabou decidindo o partido a favor do cadro local no destacado choque da xornada vinte e catro no Grupo 1º da Terceira Futgal.
O enfrontamento foi intenso e igualado durante bastantes minutos. No tramo final, despois de dúas claras ocasión branquiverdes e un penalti reclamado sobre o xuvenil Quique, a presión dos amoeirenses deixou ese gol anotado por Roque que lle facilitou tres puntos moi importantes.
Con este marcador adverso os branquiverdes (42 puntos) saen da zona de promoción que ocupa precisamente o Amoeiro (47) e o Atlético Trelle (45) neste caso cun partido máis. O Moreiras (48) segue sendo o líder e plo tanto en ascenso directo.
Os de Toño Sanmartín necesitan sumar os seis puntos que restan por disputarse para entrar de forma mtamética na promoción de ascenso, con Sporting Vilamarín no Miguel Ángel e o Barco "B" en terras valdeorresas como rivais e sempre que o Atlético Trelle gañe o partido que lle queda en Trives.
A próxima fin de semana non haberá competición e será o 27 de abril cando reciban ao Sporting Vilamarín na penúltima xornada.
FICHA TÉCNICA
Amoeiro CF: Bruno, Frank, Fer, Santabaia, Panucci (Luan, m.67), Gus (Trives, m.67), Andrés (Iván, m.89), Coles (Aspri, m.72), Calviño, Roque (Martín, m.89) e Yorgenis.
Pabellón CF: Changui, Miguel Ángel, Rober, Luis, Pedro (Guille, m.90), Mejuto (Aldán, m.55), Sergio, Rubén (Dani, m.90), Numan, Madrigal (Quique, m.69) e Noli,
Árbitro: Juan Francisco Queija Domínguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Calviño (m.20), Frank (m.42), Gus (m.47), Fer (m.71) e Roque (m.87) nos locais e nos visitantes a Miguel Ángel (m.5).
Goles: 1-0, m.87: Roque.