3-2 | Remontada do Senior despois do susto

DOMINGO 06/04/2025 (16:30) Campo: MIGUEL ÁNGEL-OS REMEDIOS (100)
PABELLÓN CF : 3 – CD CEA : 2 (1-2)
Apurada vitoria do Pabellón diante do Cea no enfrontamento da xornada vinte e tres no Grupo 1º da Terceira Futgal que mantén ao equipo na zona de promoción con 42 puntos, sendo superados Amoeiro (44), ao que visitará na próxima fin de semana, e o líder Moreiras (45), os tres co mesmo número de partidos.
Os branquiverdes comezaran ben o partido e anotando aoa dous minutos por mediación de Pibe. Numan puido incrementar a renda nun man a man con Hugo. Sen embargo, pouco a pouco o Cea foise encontrando mellor no campo ante un cadro local moi impreciso e acelerado.
A situación non tardaría en ter repercusión no marcador xa que pasada a media hora de xogo dous tantos de Ángel nun espazo de tres minutos situaron un preocupante 1-2. Ata a final da primeira metade a escuadra panadeira tivo dúas grandes ocasións para incrementar a renda pero en ambas accións Nacho estivo moi atento baixo paos. Chegaría o descanso sen máis movementos.

Segunda parte
Despois de dous trocos nas filas locais e un movemento de posicións para buscar unha reacción, chegarían algunhas ocasións, as mais claras para Pibe, en dúas oportunidades, e Román.
O tempo pasaba e o marcador permanecía inamovible ata que un penalti transformado por Noli puxo as táboas e cinco minutos despois novamente Noli anotaba o 3-2.
A expulsión de Pibe nos pabellonistas a dez minutos do final deixou unha recta final de partido chea de indertidume pero, por fortuna para os de Toño Sanmartín, o choque finalizou.

FICHA TÉCNICA
Pabellón CF: Nacho, Miguel Ángel, Pedro, Rober, Luis (Rubén, m.46), Sergio, Román (Aldán, m.63), Guille (Madrigal, m.46), Numan, Noli (Dani, m.90+3) e Pibe.
CD Cea: Hugo, Aitor, Fabio, Andrés, Asier (Mateo, m.46), Ángel (David, m.78), Miguel (César, m.84), Florindo, Jorge, Samuel (Tiné, m.80) e Diego.
Árbitro: Christian Robles González (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Pibe (m.47) e Rober (m.90) nos locais, que temén sufriron a expulsión con cartón vermello directo de Pibe (m.79). Nos visitantes foron amonestados Diego (m.57) e David (m.72).
Goles: 1-0, m.2: Pibe. 1-1, m.35: Ángel. 1-2, m.38: Ángel. 2-2, m.71: Noli, de penalti. 3-2, m.76: Noli.
