TERCEIRA FUTGAL

0-3 | O Senior resolve en seis minutos

DOMINGO 16/03/2025 (16:00)  Campo: A CRUZ (100)

CD O IRIXO : 0 – PABELLÓN CF : 3 (0-3)

O Pabellón, nun  partido de guante branco, sumou os tres puntos no campo do colista no choque correspondente á xornada vinte no Grupo 1º da Terceira Futgal.

Os de Toño Sanmartín resolveron un partido sen moita historia en seis minutos da primeira metade cos goles anotados por Luis, Guille e Mejuto.

Os branquiverdes suman 36 puntos antes da visita o próximo domingo do Atlético Trelle, que ten 38, no que será un partido moi importante para as prazas de promoción toda vez que o Moreiras camiña a paso firme para ocupar a única posición de ascenso directo.

FICHA TÉCNICA

CD O Irixo: Lois, Mateo, Rodrigo, Jaber, Marcelo (Roo, m.46), Noel (Gustavo, m.67), Rubén (Camilo, m.75) Roni, José Ángel (Decabo, m.75), Fernando e Bruno (Bryan, m.80). 

Pabellón CF: Nacho, Rober, Pedro, Luis, Mejuto, Sergio, Román, Numan, Dani (Jorge, m.70), Noli e Guille (Anxo, m.76).

Árbitro: Xoel Pintos Fernández (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Rubén (m.60) e Rodrigo (m.70) nos locais.

Goles: 0-1, m.30: Luis. 0-2, m.34: Guille. 0-3, m.36: Mejuto.