TERCEIRA FUTGAL

2-5 | O Senior exhibe pegada en Salamonde

SÁBADO 08/02/2025 (16:30)  Campo: A LAMELA (100)

SALAMONDE CF : 2 – PABELLÓN CF : 5 (0-2)

O Pabellón sumou tres importantes puntos no campo dun Salamonde que acechaba aos branquiverdes na táboa clasificatoria e que con esta derrota queda algo descolgado na loita, al menos, por un posto na promoción. 

A cita correspondía á decomosexta xornada do Grupo 1º da Terceira Futgal e con esta vitoria os branquiverdes suman 30 puntos que lle permitirán seguir na zona de promoción independentemente de o que fagan os seus rivais directos.

O partido foi moi disputado e os de Toño Sanmartín souberon sacar tallada das ocasións ao marcharse cun 0-2 ao descanso despois dos tantos anotados por Sergio e Aldán nunha fase que tiveron controlada.

Incluso o retorno de vestiarios non puido ser mellor ao transformar un penalti Noli para colocar o 0-3. Nin moito menos baixaría os brazos o Salamonde, que prácticamente a falta de quince minutos para o minutos meteráise de cheo no partido con dous tantos de Vergara.

Por fortuna para os pabellonistas non houbo mellor antídoto catro minutos despois para un cadro local lanzado es os branquiverdes con dez pola lesión de Diego, como o cuarto gol de Pibe que foi un mazazo para os locatarios, que acabarían encaixando o quinto no desconto nun novo remate de Pibe.

Na próxima xornada o Pabellón recibe o domingo no Miguel Ángel ao CD Trives.

FICHA TÉCNICA

Salamonde CF: Mateo, Munín (Borja, m.58), Iván, Óscar, Vergara, David, Bruquet, Daniel, Rivadulla (Abel, m.60), Roi e Fumega.

Pabellón CF: Nacho, Rober, Pedro, Miguel Ángel, Mejuto (Luis, m,.52), Aldán, Sergio (Guille, m.77), Diego, Numan (Román, m.61), Noli e Pibe.

Árbitro: Ignacio Iglesias Rodríguez (Comité Galego-Ourense). Amonestou a Iván (m.52), Roi (m.89) e Daniel (m.90) nos locais e a Mejuto (m.31), Nolio (m.36), Miguel Ángel (m.38), Nacho (m.55) e Sergio (m.73) nos visitantes.

Goles: 0-1, m.22: Sergio. 0-2, m.35: Aldán. 0-3, m.47: Noli, de penalti. 1-3, m.55: Vergara. 2-3, m.74: Vergara. 2-4, m.78: Pibe. 2-5, m.90: Pibe.