LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A" repite a domicilio

Atlético Arteixo – Pabellón CF (Ponte dos Brozos; domingo 16, 17:00 horas):

O Pabellón afronta unha nova confrontación a domicilio que o levará por primeira vez ata Arteixo para afrontar a vixésimo cuarta xornada na Liga Nacional Xuvenil.

Os branquiverdes (43 puntos) buscarán unha vitoria que lles permita seguir en liña directa cos postos de ascenso e de paso resarcirse da derrota encaixada na primeira volta no Miguel Ángel (1-2).

Pola súa parte, o Atlético Arteixo (27) está a completar unha boa tempada na súa primeira participación nesta categoría, cun importante colchón de nove puntos con respecto á zona de descenso.

Nos doce partidos disputados no Ponte dos Brozos acumulan quince puntos derivados de catro triunfos, tres empates e cinco derrotas. Anotaron dezasete goles e recibiron vinte e dous. 

Os de Iván Alonso e Xoel Docampo afrontan esta cita coas ausencias de Jorge e David e sen esquecer a Álex Riveiro e Joel Pacios, que xa non actuarán esta tempada. 

A arbitraxe correrá a cargo de Alejandro Castro Alarcón, asistido nas bandas por Corral Villar e Yuste Vázquez, do Colexio de A Coruña. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 24.