Previa | O Xuvenil "A" recibe a un rival emerxente

Pabellón CF – Ural Español CF (Miguel Ángel-Os Remedios; sábado 18, 16:00 horas):
O Pabellón recibe ao Ural Español de A Coruña na última xornada da primeira volta que corresponde á decimoséptima data no Grupo 1º da Liga Nacional Xuvenil.
Os de Iván Alonso, terceiros na táboa clasificatoria con 35 puntos, afrontan esta cita co punto de mira posto en conseguir tres puntos ante un rival que será moi complicado e ubicado na oitava praza con 25 puntos pero en liña ascendente.
Tras cambiar de adestrador na decimoterceira xornada dende aquelas os coruñeses acumulan tres triunfos y un empate nas catro últimas citas.
Como visitantes acumula 11 puntos como consecuencia de tres vitorias, dous empates e tres derrotas. No apartado de goles anotaron 15 e recibiron 16 neses enfrontamentos a domicilio.
O colexiado do partido será José Antonio Fernández Rodríguez asistido nas bandas por Añel Fernández e Alonso Ansa, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 17.