LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Un Xuvenil "A" mermado recibe ao líder

Pabellón CF – RC Celta "B" (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 30, 12:00 horas):

O Pabellón afronta unha dura proba coa visita do actual líder da categoría, un Celta "B" que conta cun partido máis que o Deportivo "B". Este partido é da vixésimo sétima xornada na Liga Nacional Xuvenil. Restan oito partidos para o final da competición.

Os branquiverdes chegan a esta cita con moitos inquilinos na enfermería. Ademáis de Jorge, David, Álex Riveiro, Joel Pacios e o cadete Melguizo, nesta semana sumáronse Youness e Gómez. O único positivo é a recuperación de Julián, que chegará moi xusto, e o fin da sanción de Etien. Iván Alonso e Xoel Docampo terán que tirar do Xuvenil Preferente e Cadete de Honra para completar a convocatoria.

Copn este panorama o Pabellón (49), a oito xornadas para o final con catro enfrontamentos na casa e outros catro como visitante, intentarán sumar o maior número de puntos posibles que lle permitan acabar nunha das dúas prazas de ascenso que nestes intres ocupan Coruxo (52) e Racing de Ferrol (52). Ao equipo xa non lle queda medirse a ningún rival directo, algo que sí ocurre cos equipos implicados para dar o salto á División de Honra.

A escuadra celeste preséntase no Miguel Ángel despois de caer sorpendentemente de forma abultada na Madroa co Lugo. A domicilio leva sumados 30 puntos producto de dez vitorias e soamente dúas derrotas, coa friolera de 32 goles anotados e 8 encaixados. Na primeira volta, cando os pabellonistas estaban en plenitude, gañaron na Madroa 4-5.

A arbitraxe do partido correrá a cargo de Borja Cardoso Rodríguez, asistido nas bandas por Borrajo Rodríguez e Alonso Ansa, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 27.