Previa | O Xuvenil "A" visita ao colista

Porriño Industrial – Pabellón CF (Lourambal 2; sábado 12, 12:30 horas):
A escuadra branquiverde visita a un Porriño Industrial colista na táboa clasificatoria na xornada vixésimo oitava na Liga Nacional Xuvenil antes do parón da competición pola Semana Santa. Restan sete partidos para o final.
Para seguir optando á prazas de ascenso os branquiverdes (49 puntos) necesitan sumar os tres puntos ante un rival (13) que está a pasar moitas dificultades nesta campaña e que chega a esta cita cunha serie de tres derrotas consecutivas.
No seu haber soamente figuran tres vitorias, dúas no Lourambal e unha a domicilio. Oito puntos levan sumados como locais tras anotar once tantos e recibir vinte e cinco. Na primeira volta rexistrárase un 4-1 no Miguel Ángel.
A enfermería pabellonista segue cun alto número de inquilinos. Cougil e Julián súmanse as de Jorge, David, Álex Riveiro, Gómez, Joel Pacios e o cadete Melguizo. Youness podería estar dispoñible para o Lourambal.
Sergio Arredondas Fernández será o colexiado do partido, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Medina Espeso, do Colexio de Vigo. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 28.