LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | O Xuvenil "A" viaxa a Santiago

CD Conxo Santiago – Pabellón CF (Santa Isabel; domingo 30, 12:00 horas):

Tras de dúas vitorias consecutivas o Pabellón visita este domingo ao Conxo Santiago nun partido correspondente á vixésimo sexta xornada na Liga Nacional Xuvenil.

Despois de saldar positivamente as dúas últimas confrontacións con solvencia, os branquiverdes (49 puntos) buscarán unha nova vitoria que lles permita manterse na loita por unha das dúas prazas de ascenso que están moi comprimidas con ata seis equipos implicados. Temos que lembrar que o equipo acumula oito triunfos como visitante.

A escuadra santiaguesa (30) ocupa a undécima posición cun importante colchón de puntos sobre a zona de descenso, tanto directo como por arrastre. En Santa Isabel sumaron cinco triunfos, dous empates e seis derrotas, anotando e encaixando o mesmo número de goles, vinte e tres.

O Conxo Santiago chega a esta cita cunha vitoria, na casa, nos últimos seis enfrontamentos. Na primeira volta os pabellonistas gañaron 3-1 no Miguel Ángel.

Jorge, Julián, David e Etien serán baixas para este choque, ao tempo que os técnicos Iván Alonso e Xoel Docampo tamén teñen as dúbidas de Melguizo e Abraham

Miguel Ferrol Muñiz será o colexiado do partido, asistido nas bandas por García Agra e Vargas Guerrero, do Colexio de Santiago. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 26.