Previa | Partido vital para o Senior
Pabellón CF - Atlético Trelle (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 23, 16:30 horas):
Con cinco partidos por diante para o final da competición, o Pabellón afronta un enfrontamento vital ante o Atlético Trelle na xornada vinte e unha da Terceira Futgal-Grupo 1º.
Os branquiverdes (36 puntos) non poden fallar ante o rival deste domingo ao tratarse dunha cita que afecta directamente tanto ao ascenso directo como ás dúas prazas de promoción onde nestes momentos están situados.
O equipo debe recuperar a fiabilidade como local, con seis vitorias e soamente dúas derrotas, sendo o equipo que menos goles leva recibido dos dous grupos, catro, como anfitrión.
Mentres, o Atlético Trelle (38) soamente foi derrotado nunha ocasión a domicilio, en Amoeiro, colleitando dous empates e cinco vitorias.
Toño Sanmartín non poderá contar para este choque con Cacha, Diego, Ignasi e Madrigal. Con respecto á pasada semana recupera a Rubén tras cumprir sanción.
O colexiado do partido será Pablo Cid Menor. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 21.