Previa | O Senior visita ao colista
CD O Irixo - Pabellón CF (A Cruz; domingo 16, 16:00 horas):
A falta de seis partidos para rematar a competición, con tres citas como local e outras tres como visitante, o Pabellón visita ao colista na xornada vinte da Terceira Futgal-Grupo 1º.
Despois do inoportuno revés no Miguel Ángel na pasada fin de semana que apartou aos branquiverdes (33 puntos) da zona de promoción, teñen unha cita obrigada coa vitoria. Nestes momentos están superados na clasificación por Moreiras (38), Amoeiro (35) e Atlético Trelle (35).
O Irixo aínda non puntuou nas quince xornadas que leva disputas, nas que ademáis ten unha bagaxe de catro goles a favor e oitenta e sete en contra. Na primeira volta os pabellonistas venceran con claridade no Miguel Ángel (9-0).
Para este partido o adestrador Toño Sanmartin ten as baixas de Cacha, Diego e Madrigal, lesionados, e a de Rubén por acumulación de amonestacións. Román e Ignasi son dúbidas.
O colexiado do partido será Xoel Pintos Fernández. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 20.