Previa | O Senior retoma a competición en Eiroás

AD Covadonga – Pabellón CF (Eiroás; sábado 26, 16:30 horas):
Despois dunha xornada de descanso no calendario do Grupo 1º da Terceira Futgal os branquiverdes volven á competición visitanto a histórico do fútbol provincial.
O Covadonga suma 3 puntos despois de sumar a primeira vitoria da tempada a pasada fin de semana no campo do Sporting Vilamarín (1-2). Nas tres anteriores xornadas caeran co en Atlético Trelle (3-0), Cea (2-0) e na casa co Amoeiro (2-3).
Toño Sanmartin redupera algúns efectivos despois da xornada de descanso como son os casos de Diego, Madrigal, Dani e Changui. Non poderá contar cos sancionados Berni, Nacho e Pibe e por diferentes motivos con Cacha e Luis.
Ero Rodríguez Grande é o colexiado designado para dirixir o partido. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 6.