TERCEIRA FUTGAL OURENSE

Previa | O Senior mídese a un rival forte

Pabellón CF –  Salamonde FC (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 6, 17:00 horas):

Interesante cita en feudo branquiverde correspondente á terceira xornada no Grupo 1º da Terceira Futgal, con dous equipos que están invictos despois de dous partidos disputados. Os de Toño Sanmartín cun pleno de triunfos (6 puntos) e os visitantes cunha vitoria e un empate (4).

O Salamonde, un dos candidatos ao ascenso, ven de igualar co Sporting Vilamarín no campo de A Lamela (1-1) e na anterior xornada venceron con autoridade (0-4) en Amoeiro. Nas súas filas ten a Martín Bruquet, máximo realizador do grupo con 4 goles en apenas dúas xornadas.

Para este choque o técnico local suma un importante número de baixas por diversos motivos: Cacha, Diego, Luis, Nacho, MadrigalDani. A incorporación de Guille, exsalamonde e xogador de banda esquerda avanzado, é a novidade nos pabellonistas.

O partido será arbitrado por David Guzmán Falcón. Pinchando no seguinte enlace pódese ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 3.

Reseñar a retirada da competición do Parada do Sil CF, o que deixa o grupo con 12 equipos.