LIGA NACIONAL XUVENIL

Previa | Rival perigoso como visitante para o Xuvenil "A"

Pabellón CF – Victoria CF (Miguel Ángel-Os Remedios; domingo 23, 12:00 horas):

Despois de disputar dous partidos lonxe da capital, o Pabellón volverá a actuar como local este domingo ante o Victoria de A Coruña no choque da vixésimo quinta xornada na Liga Nacional Xuvenil.

Os pabellonistas (46 puntos) veñen de sumar os tres puntos en Arteixo e buscarán o efecto inercia para intentar sacar adiante esta cita ante o conxunto herculino. Catro meses pasaron dende o último triunfo dos ourensáns no Miguel Ángel cando na undécima data superaran ao Porriño Industrial. Posteriormente houbo cinco vitorias e unha derrota.

Pola súa parte, atopámonos cun Victoria (29) que se desenvolve mellor como visitante que como local. Suma dezaoito puntos a domicilio, onde tamén marca máis goles, por once na casa froito de seis marcadores positivos. Os coruñeses chegan a esta cita despois dunha serie de tres derrotas consecutivas.

Para este enfrontamento os técnicos Iván Alonso e Xoel Docampo terán as ausencias de Jorge, David e o sancionado Etien

A arbitraxe correrá a cargo de Adrián Estévez Blanco, asistido nas bandas por Pintos Fernández e López Fernández, do Colexio de Ourense. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios da XORNADA 25.