Previa | Partido estelar para o Senior

Amoeiro CF - Pabellón CF (Albán-Coles; domingo 13, 17:30 horas):
A xornada vinte e catro da Terceira Futgal-Grupo 1º ofrece unha destacada confrontación entre Amoeiro (44 puntos), segundo clasificado, e Pabellón (42), terceiro,cando restan tres partidos para o remate da competición.
O choque ten unha gran repercusión na zona alta da táboa, con catro inquilinos para un ascenso directo e dúas prazas para promocionar co Grupo 2º e da que sairá un terceiro ascenso. Moreiras (45) e Atlético Trelle (42), estes con un partido máis, son os outros candidatos.
Sete vitorias, un empate e dúas derrotas son os números do equipo amoeirense como local para sumar vinte e dous puntos despois de anotar vinte e catro tantos e recibir dez. Chegan a este partido cunha serie de sete vitorias consecutivas.
Os branquiverdes necesita, al menos, seis puntos dos nove que quedan por xogarse para asegurarse un posto na promoción. Gañar en Albán sería un paso de xigante incluso para optar ao primeiro lugar.
Toño Sanmartín non poderá contar para este choque con Ignasi, Diego, Cacha e Pibe, neste caso por sanción. Román causou baixa no equipo.
A arbitraxe estará a cargo de Juan Francisco Queija Domínguez. Pinchando no seguinte enlace pódense ver os partidos e horarios correspondentes á XORNADA 23.