SELECCIÓNS GALEGAS

Nova citación para Melguizo coa Galega S-16

Melguizo 2

Manuel Melguizo, do Cadete da División de Honra, foi convocado novamente para un partido de preparación contra o Arousa "B" da Liga Nacional Xuvenil. O equipo galego prepara a Fase Prata.

O enfrontamento está fixado para este mércores 15 de xaneiro no campo Chan do Monte en Pontevedra ás 16.30 horas. Melguizo debutou a pasada fin de semana con primeiro equipo xuvenil branquiverde xogando uns minutos contra o Areosa.