Escola de Iniciación

Os biberóns da Escola suman unha nova experiencia

Un grupo da Escola de Iniciación ao Fútbol, nados no 2018 e 2019, tivo este xoves unha nova experiencia deportiva cun grupo de nenos do Concello de Coles no Polideportivo de Albán.

Uns e outros disputaron un partidiño de catro tempos de dez minutos no que o pasaron en grande, ao igual que os familiares que estiveron nas bancadas.

O martes da próxima semana terá lugar a primeira das dúas xornadas de portas abertas da Escola de Iniciación para nen@s dos anos 2017, 2018, 2019 e 2020