El tiempo
domingo. 30.06.2024
El tiempo

ESCOLA DE INICIACIÓN

A Escola pechou o curso con diplomas e medallas

Escola de Iniciación ao Fútbol "López Iglesias", que contou con 72 alumnos, pechou este xoves o curso 2023-2024 nun acto que tivo lugar no campo de herba sintético Miguel Ángel-Os Remedios.

Os nen@s tiveron a oportunidade de disputar varios partidos entre os diferentes grupos de idade (2017-2018-2019) e posteriormente cada deportista recibiu un diploma e unha medalla pola súa participación neste curso.

O club estivo representado neste acto polo Presidente de Honra, Antonio Iglesias; o Presidente, Felipe Quintela, os directivos Javier Nogueira e Pablo Villar e o Director da Escola, Manuel Morgade.

O club agradece a confianza depositada neste club polos pais de alumnos, que asistiron á xornada nas bancadas do campo, para a iniciación formativa no ámbito deportivo dos nen@s.

A Escola pechou o curso con diplomas e medallas