1-0 | O Xuvenil "A" perdoa e cae en Porriño
SÁBADO 12/04/2025 (12:30) Campo: LOURAMBAL 2 (100)
PORRIÑO INDUSTRIAL : 1 – PABELLÓN CF : 0 (0-0)
O Pabellón encaixou unha derrota en Porriño no choque da xornada vinte e oito da Liga Nacional Xuvenil. O revés pode distancia máis aos branquiverdes, que quedan con 49 puntos, dos postos de ascenso á espera doutros marcadores da xornada.
Un gol a falta de cinco minutos acabaría inclinando a balanza a favor dos porriñeses, colistas do grupo. Na primeira metade os ourensáns perdoaron ao non rentabilizar as ocasións de gol, tres moi claras en remates de Etién que deixaron ao meta local Edreira como principal protagonista.
No medio de todo iso rexistraríase a lesión de Joel a oito minutos do descanso. O equipo xa presentaba ausencias moi significativas e a enfermería, con sete inquilinos, convertiuse nun dos peores enimigos dos pabellonistas no discurrir da tempada.
Na segunda metade o equipo intentouno pero as presas por chegar á meta local foron unha lousa e a cinco minutos do final chegaría o tanto local que sentou como un xarro de auga fría.
No tempo de desconto foille anulado un gol a André por un fóra de xogo que os branquiverdes reclamaron como legal. A próxima fin de semana non haberá competición e será o Valladares o 27 de abril que visite o Miguel Ángel.
FICHA TÉCNICA
Porriño Industrial: Edreira, Hugo, Xoel, Couñago, Álex, Mateo (Álex, m.76), Joel, Alejandro, Castro (Bouzada, m.90), Miguel (Ilyass, m.88) e David.
Pabellón CF: Brais, Tiago, Lamús, André, Ander, Soriano, Joel (Iván, m.37), Lucas (Diego, m.60), Nico (Mociño, m.81), Bruno (Youness, m.60) e Etien.
Árbitro: Sergio Arredondas Fernández será o colexiado do partido, asistido nas bandas por Pérez Mouriño e Medina Espeso (Comité Galego-Vigo). Amonestaron a Castro (m.77) e Miguel (m.84) nos locais e nos visitantes a Nico (m.24) e Bruno (m.60)
Goles: 1-0, m.85: Castro.