1-2 | O Xuvenil "A" gaña con dez

DOMINGO 16/03/2025 (17:00) Campo: PONTE DOS BROZOS (150)
ATLÉTICO ARTEIXO : 1 – PABELLÓN CF : 2 (0-1)
O Pabellón sumou a oitava vitoria a domicilio da tempada despois de superar ao Atlético Arteixo no choque da xornada vinte e cuatro da Liga Nacional Xuvenil.
Parece que os branquiverdes están máis cómodos xogando como visitantes e os números así o dicen, vinte e seis puntos a domicilio por vinte na casa, onde soamente gañaron en cinco ocasións.
Nesta oportunidade os de Iván Alonso foron de menos a máis. Á media hora de xogo Ander pillou un balón morto no área local para conectar o balón ao fondo da rede, nunha primeira metade con apenas oportunidades de gol pero eso sí, controlada polos ourensáns.

Segunda parte
O inicio do segundo tempo resultou movido. Aos cinco minutos os pabellonistas quedaban con dez pola expulsión de Etien e tres máis tarde, nunha boa acción colectiva, Youness incrementaba a vantaxe co 0-2. Antes habían avisado con dúas oportunidades de Lucas e Soriano.
Pese a xogar con un menos, chegaron os mellores minutos dos branquiverdes, controlando a situación e levando perigo á meta rival. Os minutos foron pasando e xa no tempo de desconto, con varias cartulinas para os ourensáns, chegaría o tanto dos locais por medio de Hugo e sen tempo para máis.
Con esta vitoria o Pabellón suma 46 puntos, os mesmos que teñen Coruxo e Racing de Ferrol, e moi preto Lugo e UD Ourense con 43. Cinco equipos nun pañuelo para dúas prazas de ascenso nestes momentos ocupadas por coruxistas e branquiverdes. Restan diez jornadas que prometen mucha emoción.
Na próxima xornada será o Victoria de A Coruña que visite o Miguel Ángel, previsiblemente o domingo ás 12 horas.

FICHA TÉCNICA
Atlético Arteixo: Izan, Asier (Roque, m.70), Fariña (Diego, m.66), Xoel, Álex (lucas, m.51), Pablo (Iago, m.66), Rubén, Adrián, Hugo, Martín (Prieto, m.51) e Xoel.
Pabellón CF: Abraham, Tiago, Lamús, André (Bruno, m.80), Ander, Gómez (Julián, m.67), Lucas (Mociño, m.73), Joel, Soriano (Melguizo, m.80), Youness (Cougil, m.67) e Etien.
Árbitro: Alejandro Castro Alarcón, asistido nas bandas por Corral Villar e Yuste Vázquez (Comité Galego-A Coruña). Amonestaron a Fariña (m.42) e Xoel (m.90) nos locais e a André (m.61), Gómez (m.63), Lamús (m.90), Cougil (m.90) e Mociño (m.90) nos visitantes, que tamén sufrion a expulsión de Etien (m.50) con cartón vermello directo.
Goles: 0-1, m.30: Ander. 0-2, m.58: Youness. 1-2, m.90: Hugo.