Pabellón Promesas

NOVAS

10.02.2018

LN Xuvenil: Cruel derrota cun bo rival

O Xuvenil "A", que tivo dous goles de vantaxe, acabou cedendo ante o Racing de Ferrol, que se levou o triunfo no desconto.

Cruel derrota no campo de Os Remedios do Pabellón diante do Racing de Ferrol (2-3) nun partido no que os locatarios chegaron a ter dous goles de vantaxe ao descanso anotados por Carlos Villar.

Na primeira metade os pabellonistas frearon ben aos ferroláns, que xa daban mostras de ser un conxunto con bo trato de balón e con xogadores de moita calidade. Sen embargo, os branquiverdes aproveitaron ben as oportunidades que tiveron para anotar os dous goles.

No segundo tempo o Racing apretou moito e os branquiverdes comezaron a acusar o esforzo que estaban a facer contra un rival que loita polo ascenso. Cándido Gómez foi dando entrada a homes de refresco para oxigenar ao equipo pero os departamentais xa estaban lanzados. Incrementou o ritmo do partido para igualar o choque con dous goles nun espazo de nove minutos e levarse a vitoria cun terceiro tanto no tempo de desconto. Mazazo para os pabellonistas. Ver ficha técnica.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com