Pabellón Promesas

NOVAS

06.02.2018

LG Cadete: Remontada do Pabellón "B"

O Cadete "B" superou ao Val Miñor "B" nos últimos instantes (4-3) como premio a súa insistencia despois de ter un marcador adverso en dúas ocasións

O Pabellón "B" sumou os tres puntos (4-3) contra o Val Miñor "B" no partido da Liga Galega Cadete xogado no campo de Os Remedios. Os pabellonistas tiveron que remontar ante a efectividade dos de Nigrán, que tiveron vantaxe dúas veces.

Na primeira metade nada máis comezar o partido os locais comezaron a ter ocasións para adiantarse no marcador, pero serían os visitantes quenes tomarían vantaxe cunha falta na frontal da área. O choque continuou na mesma tónica ata que Juan lograría a igualada no marcador, pero cando parecía que se chegaría ao descaso con táboas, nun saque de esquina o rival adiantaríase de novo no marcador (1-2).

Nada mais comezar a segunda metade José lograba a igualada a douses e a partir de aí o partido entro nun ida e volta ata que a nove minutos do final outra falta executada desde a frontal daba unha nova vantaxe aos visitantes (2-3). Tocaba remotar e a insistencia do equipo fraxiverde obtivo o seu premio co 3-3 a cargo de Adrián a tres para o final, pero a cousa non quedou aí xa que cando o partido estaba case rematado, un tanto de Anxo daba o triunfo ao conxunto pavillonista sen tempo para máis. Ver ficha técnica. O equipo ocupa a quinta praza do grupo. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com