Pabellón Promesas

NOVAS

06.02.2018

1ª Cadete: Derrota do Promesas en Oira

A falta de intensidade e concentración nos pabellonistas foi aproveitada polo rival para levarse a vitoria

Derrota do Pabellón Promesas no campo de Oira (3-1) a mans do Ourense CF "B" nunha cita do Play Off da 1ª Autonómica Cadete. Ver clasificación.

Mal partido da escudra branquiverde para caer con merecento. O comezo do encontro, cun gol local no primeiro minuto, foi o reflexo do que aconteceu posteriormente ante a falta de intensidade e desconcentración dos de Rubén García. O equipo soamente apareceu mediada a primeira metade para igualar o choque cun tanto de Caseiro e incluso dispuxeron de dúas claras ocasións por medio de Antón e Jorge para situarse por diante.

O paso polo vestiario non lle foi ben ao equipo. Que volveu a desaparecer do partido para faciltar en dous novos fallos de concentración que o rival tomase unha renda de dous goles coa que remataría a cita. Ver ficha técnica.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com