Pabellón Promesas

NOVAS

13.01.2018

LN Xuvenil: Táboas nos Remedios

Xuvenil "A" e Rápido de Bouzas repartíronse os puntos (1-1) nun partido cun tempo para cada equipo e cos dous goles anotados na primeira metade

Reparto de puntos no campo de Os Remedios (1-1) entre Pabellón e Rápido de Bouzas na xornada que abría a segunda volta da Liga Nacional Xuvenil.

O partido tivo un tempo para cada equipo. Durante media hora da primeira metade foron os vigueses, moi intensos, quenes levaron a iniciativa o que lles permitiu adiantarse no marcador no minuto trinta. A continuación os pabellonistas entonánronse máis para neutralizar o xogo do rival, que baixou a presión, e levar certo perigo á meta rival ata que na mellor acción do partido un centro de Carlos Villar serviu para que Óscar Bravo conseguíse a igualada.

Na segunda metade o Pabellón estivo mellor que os visitantes e pasaron a facerse co control do xogo contra un rival aguerrido e rocoso á espera de soprender nalgunha contra que os de Guillermo García non concederon. Houbo un par de acccións para sumar os tres puntos, a máis clara nun remate coa testa de Carlos Villar anticipándose á saída do meta contrario pero o balón foi se fóra cando xa se cantaba o gol.

Tamén houbo tempo, unha vez máis, para a polémica cun gol anuladoe un posible penalti non asubiado e que lle costou unha amonestación a Raúl. Ver ficha técnica.O equipo ocupa a sexta praza na táboa. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com