Pabellón Promesas

NOVAS

08.01.2018

DH Cadete: Pabellón 1 Bertamiráns 1

Empate dos branquiverdes ante un rival ao que superaron no campo

Segue atrancado o Pabellón da División de Honra Cadete no campo de Os Remedios onde cedeu un empate (1-1) co Bertamiráns na xornada que abría o ano.

Os de Cándido Gómez fixeron méritos máis que suficientes para sumar os tres puntos diante dun rival tosco pero correoso que aproveitou unha das poucas acccións de perigo que tivo para levarse un punto. Carracelas, nun claro penalti, puxo por diantes aos locatarios e os santiagueses empatarían no último minuto do primeiro tempo. Na segunda o dominio e as ocasións corresponderon aos locatarios pero faltou definición para facerse coa vitoria. Ver ficha técnica. O equipo é quinto na táboa. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com