Pabellón Promesas

NOVAS

08.01.2018

LG Xuvenil: Calasancio 1 Pabellón "B" 3

Tres meritorios puntos para os de Anxo Valcárcel nun campo moi complicado

o Pabellón "B" da Liga Galega Xuvenil comezou ben o 2018 ao sumar os tres puntos (1-3) no campo dos Escolapios contra o Calasancio pese ao alto número de baixas que presentaba o equipo.

Apenas transcurridos cinco minutos de partido Hugo adiantaba aos de Anxo Valcárcel pero ao borde do ecuador deste primeiro tempo os monfortinos devolvían a igualdade ao marcador para dar paso ao descanso con táboas (1-1).

Na reanudación os locatarios tiveron máis posesión de balón pero a concentración dos branquiverdes e a perigosidade nas contras permitiulle situarse de novo por diante cun tanto de Brais aos dez minutos. Catro minutos máis tarde nunha astucia de Sergio aproveitando un erro do meta local puxo o 1-3 no marcador que resultou unha renda definitiva.

Un bo traballo defensivo pabellonistas unido ao escaso perigo que crearon os monfortinos foi suficiente para sumar os tres puntos nun campo moi difícil. Ver ficha técnica. O equipo situouse na segunda praza deste grupo sur. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com