Pabellón Promesas

NOVAS

07.01.2018

LN Xuvenil: Comezo de ano con vitoria

O Pabellón gañou (3-1) ao Conxo santiagués nun partido moi importante para os intereses branquiverdes

A primeira xornada do ano 2018, á vez última da primeira volta, deixou unha vitoria (3-1) para o Pabellón contra o Conxo de Santiago no campo de Os Remedios dentro da Liga Nacional Xuvenil.

Vitoria moi importante contra un rival ao que os pabellonistas superaban nun punto na táboa. O cadro dirixido por Guillermo García comezou marcando o ritmo do partido e levando a iniciativa no xogo, o que lle permitiu adiantase no marcador nunha acción de estratexia culminada por Yago aos dez minutos.

A raiz dese tanto o equipo buscou o segundo, creando varias ocasións cun gol anulado a Yago nun riguroso fóra de xogo, outra nos pés de Abraham que non conseguiu finalizar e outra nunha contra de Óscar Bravo, pero cando xa se plantaba só ante o meta visitante, Abraham tocou o balón cando saía dunha situación de fóra de xogo invalidando a acción.

Posteriormente chegarían os mellores momentos do Conxo, que pasaría a tomar o control do xogo logrando o empate e a continuación dando un susto cun balón á madeira, rematando o primeiro tempo con táboas.

Veulle ben o descanso ao cadro branquiverde para axustar varias posicións de xogadores no campo e volver a apretar arriba aos santiagueses. Desta maneira o Pabellón retomou o mando do choque e nun espazo de cinco minutos un dobrete de Óscar Bravo daría unha tranquilizadora renda de dous goles que os locatarios souberon administrar posteriormente. Incluso a vantaxe puido ser maior xa que o bigoleador tivo dous man a man co meta visitante e Ferreiro tamén gozou dunha acción igual. Ao final unha boa vitoria que rompe a mala racha do equipo. Ver ficha técnica. O equipo finaliza a primeira volta na oitava posición. Ver clasificación.


Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com