Pabellón Promesas

NOVAS

05.01.2018

Chegan os Reis Magos

Estarán na Estación de tren de Ourense ás 18 horas para iniciar o percorrido ata a Praza Maior

Máis de 250 persoas, entre persoal da organización, figuración, produción, etc., acompañarán ás Súas Maxestades Os Reis Magos este venres, 5 de xaneiro, no seu percorrido pola cidade de Ourense. Os Reis Magos chegarán un chisco antes das 18 horas á Estación de tren Ourense - Empalme.

Tras saudar á veciñanza congregada na estación, a Cabalgata dos Reis Magos sairá en torno ás 18:15 horas da estación de tren para realizar o percorrido tradicional na cidade pola Avenida das Caldas, Ponte Vella, rúa Progreso, rúa Doutor Marañón para rematar na Praza Maior.

Esperemos que a climatoloxía non empañe esta xornada chea de ilusión para pequenos e grandes.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com