Pabellón Promesas

NOVAS

17.12.2017

LG Xuvenil: Pabellón "B" 1 Barbadás 1

O cadro local estivo lonxe do seu nivel e cedeu un empate contra un rival que puxo máis interese

Reparto de puntos (1-1) no campo de Os Remedios entre Pabellón "B" e Barbadás nun dos derbis provinciais que ofrece a Liga Galega Xuvenil. Tratábae do último choque do 2017.

O cadro local estivo lonxe do seu nivel habitual e foi o equipo visitante quen puxo máis interese en levarse a vitoria, polo menos durante máis dunha hora. Ao fío da media hora de xogo o Barbadás adiantaríase no marcador e tivo dúas claras ocasións para que a vantaxe fose maior na primeira metade.

Os pabellonistas apenas inquietaron a portería rival, soamente Miguel tivo unha excelente ocasión pero foiselle o control do balón en solitario ante o porteiro visitante.

Ata avanzada a segunda parte non entraría en acción o Pabellón "B", que pasaría a dominar. Traspasado o ecuador deste periodo chegaría o penalti que transformaría Hugo para empatar. Logo Abraham tería unha gran ocasións nun man a man co meta visitante pero non tivo consecuencias no marcador. Ao final empate a un tanto. Ver ficha técnica. A falta dunha xornada para o final da primeira volta o equipo é terceiro neste grupo sur. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com