Pabellón Promesas

NOVAS

19.12.2017

1ª Cadete: Arranque ilusionante

Vitoria do Promesas cadete (4-2) contra o Atlético Arrabaldo na segunda xornada do Play Off para sumar catro puntos

Vitoria do Pabellón Promesas na segunda xornada do Play Off Cadete contra o Atlético Arrabaldo (4-2) no campo de Os Remedios.

Os de Rubén García fixéronse cun triunfo xusto despois de levar o peso do partido e gozar de numerosas ocasións como para que o marcador fose aínda máis amplo. Un gol de Jorge adiantaría ao cadro local aos seis minutos para disfrutar posteriormente dun par de accións para incrementar a vantaxe, pero nove máis tarde os visitantes, na primeira chegada á meta de Xoel establecerían a igualada nunha xogada moi protestada polos branquiverdes.

Un bonito tanto de Antón ao borde do ecuador deste primeiro acto puxo de novo por diante ao Promesas e logo de varias ocasións erradas chegaría un penalti a favor dos visitantes que enviarían fóra pouco antes do descanso.

No segundo tempo mantívose o guión do primeiro e os pabellonistas marcharáinse no marcador con dous novos goles -Falú e Jorge- para adquirir unha cómoda renda. Na recta final do partido o Atlético Arrabaldo recortaría distancias sen maís consecuencias. Ver ficha técnica. Disputadas dúas xornadas o equipo é terceiro na táboa. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com