Pabellón Promesas

NOVAS

02.12.2017

LN Xuvenil: O empate soubo a pouco

O Xuvenil "A" fixo méritos (1-1) para sumar os tres puntos contra o Porriño no Lourambal

Reparto de puntos (1-1) no campo do Lourambal entre Porriño e Pabellón nunha nova xornada da Liga Nacional Xuvenil.

Fixo méritos máis que suficientes a escuadra branquiverde para traerse os tres puntos pero a falta de acerto no remate e un gol en propia meta pasoulle factura. Ao final primeira metade mandaban no marcador os de Guillermo García gracias ao gol de Rodrigo preto da media hora de xogo e incluso dúas ocasións de Óscar Bravo puideron deixar o partido moi de cara.

Na reanudación un tanto en propia meta mediado este periodo permitiría a igualada dos locatarios e puco despois un defensor sacaba debaixo dos paos o que piudo ser o segundo dos pabellonistas nun disparo de Carlos Villar.

Nos últimos instantes, cando o Pabellón xogaba con dez pola expulsión por dobre cartón de Iván, David Ferreiro puido desequilibrar a balanza nun man a man co meta local que abortou a acción. Ao final táboas. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.  A tres xornadas do final da primeira volta o equipo suma 20 puntos. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com