Pabellón Promesas

NOVAS

02.12.2017

LG Xuvenil: Triunfo cómodo nos Remedios

O Pabellón "B" superou ao Independiente (6-1) nun partido que controlaron de principio a fin

Vitoria cómoda (6-1) do Pabellón "B" no campo dos Remedios contra o Independiente dentro da Liga Galega Xuvenil.

O marcador non plasma a dificultade do partido e o gran traballo dos branquiverdes, para dobregar a un dos equipos que menos encaixan do grupo. A cita estivo sempre controlada polos de Anxo Valcárcel, que ao descanso tiñan una favorable 2-1 cos goles de Brais e Abraham. Incluso a vantaxe puido ser maior se a colexiada houbese sinalado un clamoroso penalti sobre Brais, que foi amonestado por protestar esa clarísima acción.

Á volta de vestuarios os locatarios tardaron catro minutos en anotar o terceiro por medio de Corral e posteriormente Abraham marcaría tres goles para pechar unhá plácida vitoria nun segundo acto no que os visitantes apenas pisaron o área defendida por Sampayo. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

Con este triunfo o equipo segue na terceira praza do grupo na recta final da primeira volta. Ver clasificación. O mércores (12.15 horas) visitan ao Arenteiro na Uceira en partido adiantado á fin de semana.





Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com