Pabellón Promesas

NOVAS

03.12.2017

1ª Xuvenil: Sensacional primeira fase

O Xuvenil "C" superou a domicilio ao Seixalbo (1-3) e acabou primeiro no Grupo 10º l Este luns coñecerase o calendario do Play Off

O Pabellón "C" pechou de forma brilante a fase clasificatoria para o Play Off final ao proclamarse campión do Grupo 10º da 1ª Autonómica Xuvenil. Os de Miguel Alonso, que xa eran campións despois da derrota do Santa Teresita na tarde do sábado a mans do Calasancio "B", pecharon esta fase cunha vitoria (1-3) no campo do Carqueixal contra o Seixalbo.

Na primeira metade ao equipo costoulle adaptarse á superficie de terra pero aínda así adiantaríanse no marcador cun gol de Kevin moi traballado. Un erro defensivo permitiu que os locatarios empatasen ao fio do descanso.

Mellor posicionado e máis chegada na segunda metade deixarían dous tantos máis -Kevin e López- para certificar a vitoria. Ver FICHA TÉCNICA. Destacar a excelente primeira fase do equipo con unha soa derrota e soamente tres goles encaixados que o levaron a ocupar a primeira praza do grupo.

Composición do Play Off
O final da competición dará paso á segunda parte da competición con dez equipos saídos de entre os cinco primeiros de cada grupo: Pabellón "C", Santa Teresita, Ourense CF "B", Calasancio "B" e CD Rúa (Grupo 10º); Chantada, UD Ourense, Antela, Velle e Arrabaldo (Grupo 11º). Este luns coñecerase o calendario.



Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com