Pabellón Promesas

NOVAS

05.12.2017

LG Cadete: Faltoulle a guinda ao pastel

Empate (4-4) do Cadete "B", que tivo dúas veces un marcador adverso de dous goles, despois de chegar a remontar co Cristo Victoria

Reparto de puntos (4-4) no campo dos Remedios nun frenético partido da Liga Galega Cadete entre Pabellón "B" e Cristo Victoria.

Na primeira metade os olívicos adiantaríanse no marcador na primeira chega á portería local cando se levaban disputados dez minutos. Á media hora chegaría o segunda que deixaba as cousas moi difíciles pero o inmediato tanto de José pouco máis tarde abriría de novo o partido, despois dun primeiro tempo no que os vigueses tiveron máis a posesión do balón.

Á volta de vestuarios o obxectivo dos pabellonistas non era outro que tratar de equilibrar a balanza pero as cousa complicáronse máis aos catro minutos cando os visitantes marcaron o 1-3 que parecía dexar o partido case finiquitado. Lexos de tirar a toalla os branquiverdes non perderon a compostura e pasaron á carga ata borrar do campo ao Cristo Victoria.

Dez minutos espectaculares do equipo mediado este segundo acto colocarían un sorprendente 4-3 cun triplete de José. En medio desa fase o porteiro visitante Gael tamén evitaría varias accións con márchamo de gol. Sen embargo, xa co tempo prácticamente cumprido unnha indecisión defensiva permitiu que os visitantes empatesen o choque. Aínda así houbo a oportunidade de que o Pabellón se levase a vitoria pero de novo o meta rival evitaría o tanto. Ao final empate. Ver FICHA TÉCNICA.

Despois deste resultado o equipo ocupa a sexta praza dunha iguladísima táboa. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com