Pabellón Promesas

NOVAS

03.12.2017

LG Infantil: Pabellón 1 Areosa 0

Traballadísima vitoria contra un bo rival que sitúa ao equipo no segundo grupo para a Copa Galicia

Vitoria pola mínima (1-0) do Pabellón conta o Areosa dentro da Liga Galega Infantil nunha confrontación disputada no campo dos Remedios.

Un gol de Diego nos primeiros compases da segunda metade acabaría deixando os tres puntos na casa nun partido xogado con moitísima intensidade cun ir e vir dunha a outra área. De todos os xeitos, as mellores oportunidades foron para o equipo local, que incluso fallaría un penalti que puido darlle máis tranquilidade de cara a un frenético final de partido co Areosa buscando a igualada e os pabellonistas a puntilla. A zaga local estivo moi ben na súa labor e Raúl apenas tivo que intervir con acerto nun par de accións. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

Despois destre triunfo ante un dos mellores equipos da categoría o Pabellón mantén vivas as opcións de manterse no segundo paquete do grupo. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com