Pabellón Promesas

NOVAS

05.12.2017

Bo fin de semana en alevís

Os nosos representantes nas dúas divisións sumaron tres vitorias e unha derrota

Tres vitorias e unha derrota foi o saldo dos nosos equipos na xornada da fin de semana nas dúas divisións.

En 1ª Autonómica o Pabellón Promesas caía no campo dos Remedios (1-3) contra a EDC Verín. Ao descanso os visitantes vencían por un solitario tanto e na segunda ampliaríán a vantaxe. Guillermo fixo o tanto para os de Abel Afonso. A derrota relega ao equipo á sexta praza. Ver clasificación.

Nesta mesma categoría o Pabellón CF superaba nos Salesianos á ED Ourense (1-11) nunha cita na que os branquiverdes encaixarían o primeiro gol na competición despois de nove xornadas "a cero". Ao descanso a vantaxe xa era clara (1-4) e no segundo tempo as diferenzas foron maiores. Neira (4), Serawit (2), Arturo, Antón, Ibai, Gunche e Simón repartíronse os goles. O equipo segue líder invicto. Ver clasificación.

Pleno en 2ª Autonómica
O Pabellón "B" vencía con máis dificultades das que reflicte o marcador final (4-0) a un Bosco moi correoso, que chegaba invicto aos Remedios, e que tamén tivo as súas opcións na segunda metade despois dun primeiro tempo no que os de Jesús Rivera estiveron mellor. Ao descanso a vantaxe era mínima (1-0). No segundo tempo chegarían tres novos tantos para os branquiverdes nunha fase máis igualada pero na que estiveron máis resolutivos. Parámo (3) e Unai foron os goleadores. O equipo é líder en solitario do Grupo 46º. Ver clasificación.

Pola súa parte, o Pabellón "C" rachaba con catro semanas de sequía a costa de vencer (2-1) no campo dos Remedios al Calasancio "B". Os de Xabi Pereira fabricaron a vitoria con dous goles nos primeiros minutos de partido obra de Juan e Miguel. Na segunda os monfortinos apretarían para recortar distancias vivíndose un emocionante final de partido no que os branquiverdes mantiveron o tipo. Os branquiverdes son sextos na táboa. Ver clasificación.


Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com