Pabellón Promesas

NOVAS

05.12.2017

Prebenxamís: Rematou a 1ª fase

O Pabellón CF xogará o Play Off polo título e o Promesas o Torneo Base Ourense

ültima xornada da fase clasificatoria nos tres grupos Prebenxamís con diferente sorte para os nosos equipos.

O Pabellón CF gañaba no campo Luis Bodegas (3-5) ao Monforte nun partido no que foi superior na primeira metade (0-4) para dar paso a unha segunda na que os locatarios foron crecéndose ata situarse 3-4. O quinto tanto pabellonistas frearía a escalada do rival. Dani (3), Álex e Teo marcaron os goles. O equipo foi primeiro do Grupo 41. Ver clasificación. Esta fin de semana comeza o Play Off no que os catro primeiros accederán a xogar a Fase Galega Sur. Ver calendario.

Na cuarta praza do Grupo 42 (ver clasificación) acabou o Pabellón Promesas despois de caer no campo dos Remedios co Bosco (0-10), primeiro clasificado. O equipo inicia esta fin de semana o Torneo Base Ourense nun dos dous grupos. os dous primeiros clasificados acceden ás semifinais. Ver calendario.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com