Pabellón Promesas

NOVAS

13.11.2017

LG Cadete: Xusto premio no derbi

O Cadete "B" completou un bo partido para superar nos Remedios ao Ourense CF cun tanto de José na primeira parte

Vitoria moi traballada (1-0) do Pabellón "B" no derbi capitalino da Liga Galega Cadete contra o Ourense CF. no campo dos Remedios. Os locatarios estiveron incisivos en ataque e fortes en defensa nun partido moi completo, onde a vantaxe puido ser máis ampla pero o pau e o porteiro visitante evitárono.  
 
Na primeira parte o conxunto local avisou en varias ocasiones pero nunhas o meta visitante evitábao e noutras os envíos ían fora por pouco, ata que nun saque de esquina José conseguía enganchar un balón solto para adiantar aos locatarios traspasada a media hora de xogo. Os visitantes inquietaban con empuxe en xogadas de estratexia e xogo directo que eran abortadas pola defensa local.
 
Na continuación os visitantes saíron a por todas pero os locais mantíñanse firmes en defensa e creando perigo en ataque onde Juan puido aumentar a vantaxe pero o seu disparo rexeitouno o traveseiro con toda a portería a pracer.

Despois José, Numan e Cacharrón dispuxeron de varias ocasiones pero non se concretaron. O Ourense empuxou para tentar a igualada con balóns colgados ao área pero eran abortados pola defensa ou os remates eran demasiado forzados. Os pabellonistass puideron sentenciar á contra pero o marcador non se moveu para o definitivo 1-0. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

Despois desta vitoria o Pabellón "B" é quinto na táboa con 19 puntos. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com