Pabellón Promesas

NOVAS

12.11.2017

LG Infantil: Pabellón 1 Ourense CF 2

Os branquiverdes mandaron na primeira parte e no inicio da segunda pero os visitantes acabarían remontando o gol local

Derrota do Pabellón (1-2) contra o Ourense CF no derbi capitalino da Liga Galega Infantil xogado no campo dos Remedios.

Un gol no tempo de desconto acabaría decidindo un partido no que cada equipo tivo os seus momentos no partido que os aproveitaron de diferente forma. Na primeira parte estivo mellor o cadro local, que se adinataría no marcador cun tanto de Izan ao tempo que conseguía maniatar ben a un rival que apenas inquietaría a meta rival neste periodo.

No arranque do segundo tempo os pabellonistas tiveron a oportunidade de incrementar distancias no marcador con varias ocasións, a máis clara nu testarazo de Carlos que o meta visitante desviaría en última instancia. Pouco a pouco o conxunto de Oira foise facendo co mando da zona media do campo, con moita maior intensidade na pelexa dos balóns e iso foi amilanando aos locatarios e chegaría a igualada nunha falta provocada despois dun mal pase en ataque dos branquiverdes.

A igualada deu máis confianza ao rival e o efecto contrario nos pabellonistas e no último cuarto de partido foi o Ourense CF quen tivo varias ocasións para situarse por diante no marcador ata que no desconto chegaría o 1-2 que resultaría definitivo. Despois deste revés o Pabellón é sexto con 18 puntos. Ver clasificación. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com