Pabellón Promesas

NOVAS

13.11.2017

1ª Infantil: Segue forte o Pabellón "B"

Impúxose no campo da Moreira á EDC Xinzo, segue líder en solitario e asegurouse praza no Play Off a falta de tres xornadas para o final da 1ª fase

O Pabellón "B" segue forte sen ceder terreo ao superar no campo da Moreira (0-9) á EDC Xinzo no Grupo 10º da 1ª Autonómica Infantil.

Os de Dani Delgado dominaron de principio a fin, con máis insistencia na segunda parte, e apuntáronse un triunfo cómodo despois de anotar catro tantos na primeira metade e cinco na segunda. Álex Blanco (3), David (2), Raúl, José, Amills e Bruno foron os goleadores.

O Pabellón "B" segue liderando en solitario o grupo con 24 puntos en oito xornadas e xa ten de forma matemática praza no Play Off. Ver clasificación.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com