Pabellón Promesas

NOVAS

07.11.2017

1ª Infantil: Pabellón "B" 7 Arenteiro 0

Os locatarios foron de menos a máis nun partido que dominaron dende o principio pero con maior insistencia na segunda metade

Incotestable vitoria (7-0) do Pabellón "B" da 1ª Autonómica Infantil contra un Arenteiro que aguantou a primeira parte para ceder con creces na segunda nos Remedios.

Os de Dani Delgado dominaron de principio a fin pero con maior insistencia na segunda parte. Amills abriría o marcador para os locatarios ben avanzado o primeiro acto e pouco antes do descanso Marcos anotaría o segundo.

Na volta de vestiarios soamente houbo un equipo no campo. O Pabellón "B" acentuou o dominio creando moitísimas ocasións que deixaron cinco tantos máis -Aarón (2), Álex, Amills e José- e dous balóns á madeira. O equipo segue líder en solitario no Grupo 10 sumando 21 puntos en sete xornadas. Ver clasificación. Para ver a ficha técnica do partido PINCHA AQUÍ.


Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com