Pabellón Promesas

NOVAS

12.10.2017

LN Xuvenil: Pabellón 3 Arousa 1

Vitoria xusta nos Remedios para os branquiverdes contra un correoso rival

Tres puntos máis para o Pabellón despois de superar (3-1) a un correoso Arousa nos Remedios nun partido no que os locatarios comezaron moi ben creando varias oportunidades para marcar, incluido un gol fantasma, ata que Ferreiro abriu o marcador (1-0) nunha boa asistencia de Óscar Bravo.

Parecía, e tal como estaba a desenvolverse o choque, que os pabellonistas obterían un triunfo cómodo. Sen ambargo, un desliz defensivo poucos instantes máis tarde derivou na acción do empate (1-1) para os visitantes.

Tardou en asimilar a situación o cadro local, pasando a desenvolverse con máis soltura no campo o rival. Ata o último terzo da primeira metade non aparecería de novo o Pabellón, que pasou a crear varias ocasións de gol para haberse marchado con vantaxe ao descanso. Raúl, Ferreiro, Óscar Bravo foron os protanistas desas accións incluindo un gol anulado a Carlos Villar.

Na segunda parte os branquiverdes sairon máis entonados levando perigo á meta dos de Vilagarcía pero sen atinar nos metros finais. A insistencia permitiulle recobrar o mando no marcador cun tanto (2-1) de Óscar Bravo a servicio de Yago e posteriormente Raúl colocaría o definitivo 3-1 cun bonito gol. Incluso despois houbo oportunidades para ampliar distancias.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com