Pabellón Promesas

NOVAS

07.10.2017

LN Xuvenil: Racing 3 Pabellón 2

Os pabellonistas, merecedores de puntuar, foron xenerosos na Gándara e os departamentais sumaron os tres puntos sen gran esforzo

RACING (3): Regueira, Iván (Álex Ramos, m.46), Alberto, Martín, Andrés, Edu (Álex, m.53), Luis, Sergio, Pol (Cibrán, m.70), Dani e Alejandro (Carlos, m.80).

PABELLÓN (2): Carral, Cobelas, Ismael (Antón, m.73), Llena, Diego, Rodrigo (Ferreiro, m.61), Álvaro (Quintá, m.84), Jandro (Yago, m.61), Óscar Bravo, Carlos Villar e Raúl.

ÁRBITRO: Adrián González Franco (Comité Galego). Edu nos locatarios e Jandro e Carlos Villar nos visitantes foron amonestados.

GOLES: 0-1, m.17: Dani (pp). 1-1, m.21: Alberto. 1-2, m.48: Óscar Bravo. 2-2, m.52: Sergio. 3-2, m.57: Luis.

INCIDENCIAS: Partido da Liga Nacional Xuvenil da 5ª xornada xogado no campo de herba natural da Gándara en Ferrol.

COMENTARIO:
O Pabellón foi demasiado xeneroso na súa visita a un dos candidatos a dar o salto de categoría nun partido no que mereceu puntuar. Sen demasiado esforzo o Racing fíxose coa vitoria con tres goles evitables. A maiores os pabellonistas non tiveron o empaque defensivo, foron baixas Brais e Jar, que che concede un plus cando contas cun marcador a favor.

Nesta ocasión os branquiverdes tiveron vantaxe por dúas veces pero en ambas os ferroláns neutralizaron de forma inmediata e na última delas incluso chegaron a darlle a volta en cuestión de minutos ao partido aproveitando un resbalón dun xogador ourensán que habilitou a un rival para marcar. Todo iso materializouse no inicio da segunda metade despois das táboas na primeira parte (1-1).

Aos tres minutos da reanudación Óscar Bravo colocaba o 1-2 pero nove minutos máis tarde o Racing xa mandaba no marcador (3-2). O empate a douses nunha falta directa deixou moi tocado ao cadro pabellonista e nesa fase chegaría a fatídica acción do terceiro. Todo a pedir de boca para os departamentais. Logo o Pabellón reaccionou pero non houbo a sorte suficiente para rescatar, polo menos, un punto.

Xornada o xoves festivo
A festividade do vindeiro xoves está habilitada no calendario de competición para unha nova xornada. O Pabellón recibe a visita do Arousa (16.30 horas) nos Remedios.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com