Pabellón Promesas

NOVAS

10.10.2017

Alevís: Xornada redonda na apertura

Os tres equipos das dúas divisións que xogaron sacaron adiante os partidos nunha fin de semana con parón par ao Promesas de 1ª

Comezou a rodar o balón no Fútbol 8 tanto nunha xornada moi propicia para os equipos do club. Na 1ª Autonómica o Pabellón gañaba (7-0) nos Remedios á UD Ourense con goles anotados por Ibai (2), Izan (2), Serawit, Simón e Antón. Nesta categoría correposndeulle descansar ao Pabellón Promesas.

En canto á 2ª Autonómica houbo dobre vitoria a domicilio. Por unha parte o Pabellón "B" dobregaba (2-9) ao Arenteiro na Uceira. Os primeiros quince minutos estiveron movidos e os locatarios tiveron vantaxe en dúas ocasións ata que oes de Jesús Rivera tomaron o mando para marcar distancias. Adán (4), José (2), Julián, Unai e Martín anotaron os tantos.

Mentres, o Pabellón "C" vencía en Eiroás (3-5) ao Santa Teresita "B". Según o acta Miguel, Marcos, Yeray, José e Daniel foron os goleadores.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com