Pabellón Promesas

NOVAS

10.10.2017

Benxamís: Bo inicio de competición

Pleno de vitorias para os nosos representantes nas dúas divisións nunha xornada con descanso para o Promesas de 1ª

Os equipos benxamís do club estiveron aplicados na xornada inaugural do Fútbol 8 ao sumar un pleno de vitorias.

Na 1ª Autonómica o Pabellón superaba (6-0) á UD Ourense nos Remedios nun partido que tivo unha primeira parte equilibrada (1-0) e unha segunda na que os de Manuel Doval marcaron distancias. Iker (2), Borja, Mateo, Fabio e Nico anotaron os tantos. Nesta categoría o Pabellón Promesas descansou.

En canto á 2ª Autonómica o Pabellón "B" vencía (5-1) á ED Ourense "B" nos Remedios nunha cita cunha primeira parte con reparto de ocasións e na que os locatarios anotaron un gol nunha boa acción.

Na reanudación os pabellonistas volcáronse no área rival para anotar dous goles pola vía rápida. Ata os últimos instantes non habería máis novidades nunha fase na que chegaría o tanto visitante pero con resposta local con dúas novas dianas. Os gols foron anotados por Aarón (2), Iker, Breogán e Mikel.

Máis apretado estivo o choque en San Cibrao entre Polígono e Pabellón Promesas "B" (3-4) nos que os de Peke se levaron a vitoria. A primeira parte estivo igualada e acabou con empate a un tanto. Na segunda o equipo saiu máis enchufado e chegou a ter vantaxe de dous goles ata que no último minuto os locatarios anotarían o terceiro. Yago (2), Hugo Gil e Adrián anotaron as dianas.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com