Pabellón Promesas

NOVAS

06.06.2017

Xuvenil "C": Alegría final en Maside

O Pabellón levouse o Torneo Ourense nos penaltis contra o Barbadás "B" despois de rematar o partido en táboas (1-1)

PABELLÓN "C" (1+4): Alexandre, Pablo, Miguel, Selas, Martín, Brais, Iván, Otero, Marcos, Pedro e Quique. Tamén xogaron Martínez, Alexander, Luis, Sequeiros e Kevin.

BARBADÁS "B" (1+3): Artai, Carlos, Aarón, Saúl, Jorge, Brais, Borrajo, Diego, Marcial, Danuel e Fernando. Tamén xogaron Jon, Jacobo, Joel e Brais.

ÁRBITRO: José Santiago Rodríguez. Amonestou a Sequeiros nos pabellonistas e a Marcial no Barbadás, que tamén sufriron a expulsión por dobre cartón amarelo (m.89) de Jorge.

GOLES: 1-0, m.18: Marcos. 1-1, m.32: Marcial.

INCIDENCIAS:
Final do Torneo Ourense Base Xuvenil. Campo do Outeiro Grande en Maside.

COMENTARIO: Partido no que o Barbadás levou a iniciativa diante dun Pabellón moi ben posicionado que non deixou espazos para que o rival levase o perigo a súa área. Un fallo do equipo dos Carrís permitiu que Marcos adiantase aos branquiverdes, pero superada a media hora de xogo o Barbadás nivelaba o marcador nunha contra, marchándose ambos equipos ao descanso con táboas (1-1).

A segunda parte estivo moi igualada cunha ocasión para cada conxunto, aínda que os pabellonistas tiveron unha gran ocasión nunha falta executada por Kevin na que o meta Artai evitou o gol. Na tanda de penaltis os branquiverdes estiveron máis acertados (4-3). Felicitar a plantilla e corpo técnico por este éxito.

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com