Pabellón Promesas

NOVAS

15.05.2017

LG Xuvenil: Comesaña 4 Pabellón "B" 1

Dous tempraneiros goles dos vigueses e a expulsiòn de dous pabellonistas marcaron o partido

COMESAÑA (4): Alejandro, Alberto, Óscar, Pablo Lafuente, Joao, Pablo Álvarez, Salgueiro, Arnosi, Jose, Antón e Pacheco. Tamén xogaron Expósito, Miguel, Sergio e Brais.

PABELLÓN "B" (1): Carballo, Anxo, José, Brais, Manuel, Carlos Villar, Yago, Jandro, Óscar Bravo, Raúl e Álvaro. Tamén xogaron Ismael, Jar e Adrián.

ÁRBITRO: Pablo Álvarez Calderón. Amonestou a Jose, Óscar, Pablo Lafuente, Pablo Expósito, Alberto e Sergio nos locais e nos visitantes a Yago, Jandro, Brais, Raúl e expulsou por dobre cartón a Óscar e Villar.

GOLES: 1-0, m.5: Antón. 2-0,m.12: Pacheco. 2-1,m.35: Raúl. 3-1, m.80: Miguel. 4-1, m.87: Antón.

INCIDENCIAS: Xornada 32ª da Liga Galega Xuvenil. Campo A Xunqueira Vigo.

COMENTARIO: Dous goles moi cedo deron vantaxe aos locais nunha primeira parte con alternativas para ambos equipos. Óscar Bravo puido recortar distancias cando encarou só contra o porteiro pero o seu disparo marchouse fóra. Raúl recortaría distancias antes do descanso ao transformar un claro penalti sobre Óscar Bravo.
 
Na segunda metade mantívose o guión da primeira ata que o colexiado do encontro expulsou por dobre amarilla a Óscar Bravo poñendo costa arriba a posible igualada pero aínda así os visitantes arriscaron pero á contra o Comesaña puxo o 3-1 no marcador a poucos minutos do final. No último minuto chegou o cuarto cando os pabellonistas xogaban con nove homes coa expulsión de Carlos Villar por dobre amarela.

 

Galería de imaxes

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

COLABORA

  • Fundación Celta

RESULTADOS

ENLACES DE INTERESE

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com