Pabellón Promesas

Historia

O Pabellón Ourense Club de Fútbol fundouse o 18 de febreiro de 1972 por Xosé Luis López Iglesias, que segue sendo na actualidade o seu presidente, e adícase exclusivamente á formación de futbolistas como club de fútbol base. A entidade suma xa 43 anos de historia.


Nestes intres a entidade conta con VINTE E CATRO equipos en competicións federadas unidos ós conxuntos do vinculado CD Pabellón Promesas. O seu organigrama deportivo para esta tempada 2015-2016 está configurado por:  

  • Un equipo na División de Honra Xuvenil

  • Un equipo na Liga Nacional Xuvenil e outro en 1ª Autonómica

  • Un cadete na División de Honra

  • Un cadete na Liga Galega

  • Dous cadetes en 1ª Autonómica

  • Un infantil na Liga Galega

  • Dous infantís na 1ª Autonómica

  • Catro conxuntos de Fútbol 8 entre 1ª e 2ª Autonómica

  • Catro equipos benxamís de Fútbol 8 en 1ª e 2ª Autonómica

  • Dous equipos en 1ª Autonómica Prebenxamín Fútbol 8

  • Catro equipos de fútbol sala prebenxamín

 

Ademais, xestiona a Escola de Iniciación ó Fútbol cunha participación media por ano de 100 nenos e nenas dende os cinco anos ata os oito.


Dentro dos títulos máis destacados cos que conta o Pabellón Ourense Club de Fútbol, cabe destacar: Tres campionatos galegos de infantís, dous en  categoría alevín, un título da Liga Nacional de Xuvenís e dous campionatos de España en fútbol sala tanto en alevís como en infantís. Tamén foi subcampión galego en infantís (tres veces), cadetes e xuvenís. Na tempada 2008-2009 o segundo equipo xuvenil obtivo o ascenso á Liga Nacional, un feito que puxo o listón máis alto dos 37 anos de existencia do club ao ter os dous primeiros equipos xuvenís nas maiores categorías nacionais do fútbol base.


A nivel provincial, o Pabellón C.F. ten todos os títulos en diferentes etapas, dende as categorías de xuvenís, cadetes e infantís, tanto na Liga como na Copa Deputación, como en alevís e benxamís. É destacable que na tempada 86-87, o clube impúxose en todas as finais da Copa Deputación, dende a categoría benxamín ata a de afeccionados. Temos que destacar o ascenso do Pabellón Promesas á Liga Galega xuvenil e infantil en diferentes etapas, un feito histórico para o club vinculado e que permitiiu que competira na mesma categoría que o Pabellón B (xuvenís) e Pabellón (infantís).


Asemesmo, na tempada 1991-92 recibiu o premio da Xunta de Galicia como mellor clube de categorías de base e no ano 2001 concédeselle o premio da Diputación Provincial como mellor club de base de todo-los deportes no cuatrienio 1997-2000, repetindo a mesma mención no periodo 2001-2004, recoñecendo así o traballo desempeñado ó longo destes anos.


O clube ten un acordo de colaboración co RC Celta de Vigo e Fundación Celta dende a tempada 2014-2015. Ao cadro vigués levan chegado varios futbolistas do noso clube, con anterioridade ao acordo.

OUTRAS NOVAS

PATROCINADORES

  • Abanca
  • Envialia
  • Cosaga

ESCOLA DE INICIACIÓN

RESULTADOS

PÓDECHE INTERESAR

twitter

 

Pavillón dos Remedios Pavillón dos Remedios, Avda. Pardo de Cela, 2. - 32002 Ourense
Telefono: 900 80 92 42 · Fax: 988 98 05 00 · email:
Deseño: www.redegal.com